domingo, 25 de xuño de 2023

BIBLIOTECA CREATIVA´23

AQUÍ MOSTRAMOS ALGÚNS MOMENTOS DOS OBRADOIROS DE BIBLIOTECA QUE SE LEVARON A CABO NO 2º E 3º TRIMESTRE.
XOGAMOS MOITO, E APRENDEMOS A EMPREGAR O ESCORNABOT E O TALE-BOT.
PASÁMOLO MOI BEN!!!

 


 

luns, 13 de marzo de 2023

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A semana do 11 de febreiro no CEIP Plurilingüe Manuel Murguía os nenos e nenas de 6º E.P. contaron a vida dalgunhas científicas galegas:

-Luns:

Niza contoulles aos nenos e nenas de infantil a vida dunha farmacéutica chamada Manuela Barreiro Pico. 

-Martes:

-Nico (que por mala sorte non pudo vir) e Álex explicáronlle aos nenos e nenas de 1º e 2º E.P. a vida dunha mestra chamada Ángela Ruiz Robles.


-Noa G. e Lía explicáronlle aos nenos e nenas de 1º e 2º E.P. a vida dunha oceanógrafa chamada Ángeles Alvariño.

-Mércores:

-Ana e Lola contáronlle aos nenos e nenas de 5º e 6º E.P. a historia da primeira xinecóloga galega chamada Olimpia Valencia.

                                         

-Gerard contoulle aos nenos e nenas de 5º e 6º E.P. a biografía dunha mestra e divulgadora científica chamada Celia Brañas.


-Xoves:

-Noa V.( que por mala sorte non pudo vir) e Marta contáronlle aos nenos e nenas de 3º e 4º E.P. a historia das primeiras mulleres licenciadas en medicina na USC  que eran dúas irmás chamadas Jimena e Elisa Fernández de la Vega.


-Hadriana e Laia explicáronlle aos nenos e nenas de 3º e 4º E.P. a vida da primeira programadora galega chamada Ana María Prieto López.



Aquí nos despedimos as alumnas
 de  6º E.P. Ana, Laia e Lola.