Os alumnos de 4º e 5º de Primaria actuaron para os mais pequenos.
Que ben o pasamos!!!
martes, 16 de decembro de 2014
xoves, 4 de decembro de 2014
A árbore de Murguía
Como todos/as sabedes a nosa biblioteca chámase:
"A árbore de Murguía"
Dende fai uns días creceu unha árbore na entrada da biblioteca. É unha árbore máxica que ten as súas raíces baixo terra, afundidas na antiga biblioteca situada baixo o colexio.
Algúns días recolle un libro da antiga biblioteca do soto e deíxanolo para que o leamos.
Os/as mestres/as din que pronto nos traerá outras sorpresas...
Exposición temáticas dos fondos da Biblioteca
Ao longo do curso temos proxectado facer diferentes exposicións dos fondos bibliográficos da nosa biblioteca de centro.
A idea é dalos a coñecer por temáticas e que sexan traballados nos diferentes niveis.
De momento fixemos unha exposición de Magosto/Outono/Samaín
venres, 14 de novembro de 2014
MERENDAS CON CONTOS
Nas nosas bibliotecas apostan por alimentar a vez estómago e cabeza. Así que ¿porque non vides a merendar cos contos?
xoves, 6 de novembro de 2014
Espectáculo de Monicreques
A semana pasada para festexar o Samaín fixemos un espectáculo de monicreques do que poidemos disfrutar todos os/as nenos/as de Infantil.
Foi unha adaptación da obra "Corre, corre cabaciña".
venres, 26 de setembro de 2014
Actividades para realizar en familia
Deixamos unhas propostas por si queredes disfrutar en familia nos meses de outubro e novembro.
Inclúe: contacontos e espectáculos musicais.
Idades ás que van dirixidos: Público Infantil e Xuvenil.
Lugares de celebración: Bibliotecas da Coruña.
Podedes apuntaros por internet: www.coruna.es/bibliotecas
É TODO GRATIS!!!!
Tamén se van realizar obradoiros para diversas idades no Centro Ágora ao longo do mes de outubro e novembro.
Inscricións: Desde o 25 de setembro chamando ao 981189888
martes, 10 de xuño de 2014
Contacontos Innovadores
Hoxe visitáronnos uns contacontos da compañía Innova que gratuitamente ofrecéronnos un espectáculo co que non paramos de rir.
mércores, 21 de maio de 2014
Dúas mamás contacontos máis...
O martes estiveron con nós a mamá de Eva /Xiao e a de Antón. Contáronnos un conto dixital e outro en formato clásico.
luns, 12 de maio de 2014
Videos dos contacontos de Primeiro
Na aula de primeiro tamen se está a desenvolver a actividade de contacontos. Aquí vos deixamos a grabación das distintas actuacións.
A mamá de Lucía e case chegamos ao final
Hoxe tivemos con nós a mamá de Lucía da clase de 3 anos. Contounos un conto no que tamén participou a súa filla.
xoves, 8 de maio de 2014
3 papás e mamás máis!!! e xa chegamos a decena!!!
O papá de Noa falounos de todo o que avanzou a tecnoloxía e de que non esquezamos as nosas raices. Agasallounos con libretas para que anotásemos todo o que nos contasen os/as nosos/as avós/oas.
A mamá de Brais leunos un conto e fíxonos imitar aos animais da granxa. Ao final tamén nos cantou unha canción.
O papá de Uxío e Nuno contou o conto do "Carballo con botas" e ata trouxo dous carballos con botas e todo.