mércores, 26 de maio de 2021

3,2,1...Rodando no Murguía

                          


                                                       

 


                             

        


venres, 14 de maio de 2021

Letras Galegas 2021. Xela Arias.

Aquí vos deixamos un vídeo, dos que realizou a Real Academia Galega, este ano  dedicado ao seu fillo Darío, do poemario Darío a diario.
A imaxe da primeira publicación deste poemario, que veredes no vídeo, é a do propio Darío con sete días de vida. E, tamén, poderedes coñecer e escoitar a Darío, o seu fillo xa adulto.
É este un libro moi importante, porque podemos dicir que é o primeiro poemario que rompe cos tópicos da maternidade e coa idea da posesión.

Nada que ver coa posesión.
Non te posúo nin quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
de aprenderche a posuíres.


Como homenaxe a Xela Arias o alumado de 5º EP do noso centro gravou este pequeno vídeo lendo algúns versos do poemario Darío a Diario. A música tan fermosa que ides escoitar é da Banda da Loba. 



Se queredes ler este fermoso poemario, xa sabedes, o temos na biblioteca!