mércores, 26 de maio de 2021
venres, 14 de maio de 2021
Letras Galegas 2021. Xela Arias.
Aquí vos deixamos un vídeo, dos
que realizou a Real Academia Galega, este ano dedicado ao seu fillo Darío,
do poemario Darío a diario.
A imaxe da primeira publicación deste poemario, que veredes no
vídeo, é a do propio Darío con sete días de vida. E, tamén, poderedes coñecer e
escoitar a Darío, o seu fillo xa adulto.
É este un libro moi importante, porque podemos dicir que é o
primeiro poemario que rompe cos tópicos da maternidade e coa idea da posesión.
Non te posúo nin quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
de aprenderche a posuíres.
Como homenaxe a Xela Arias o alumado de 5º EP do noso centro gravou este pequeno vídeo lendo algúns versos do poemario Darío a Diario. A música tan fermosa que ides escoitar é da Banda da Loba.
Se queredes ler este fermoso poemario, xa sabedes, o temos
na biblioteca!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)