luns, 4 de novembro de 2024

Concurso lendas de medo

 Os alumnos de primaria crearon as súas lendas de medo para celebrar o Samaín. 

Todos os participantes recibiron un diploma. E os mellores unhas chapas e un pequeno detalle.

Noraboa aos participantes! 















luns, 28 de outubro de 2024

Celebración Samaín. Contos de medo

Para a celebración do Samaín algúns alumnos de 5º e 6º de primaria leron contos de medo ao resto dos nenos de primaria en penumbra na biblioteca, os cales colaboraron coa dramatización.

Ademais en educación infantil proxectouse "Corre, corre, Cabaciña".



xoves, 24 de outubro de 2024

Celebración Día mundial da biblioteca

 Hoxe foi o día mundial da biblioteca.

E celebrámolo cantando unhas cantigas típicas galegas.




martes, 22 de outubro de 2024

Lectura contos en inglés para infantil pola auxiliar de conversa

 Hoxe os nenos de 4º de educación infantil disfrutaron
da lectura de dous contos en inglés feita pola auxiliar de conversa.





martes, 1 de outubro de 2024

 Apertura da biblioteca escolar e reparto de mochilas viaxeiras.


Hoxe abriuse a biblioteca escolar, e ademais repartíronse as mochilas viaxeiras.


Este ano levan:

-Un libro en castelán.

-Un libro en galego.

-Un libro en inglés.

-Un libro para que lean os pais.


Ademais na entrada do colexio hai as últimas novidades para quen queira levalas a casa e lelas, previo paso por rexistro na biblioteca.




mércores, 22 de maio de 2024

ANIMACIÓN LECTORA.

 

Libros de lectura no segundo ciclo de primaria.

O alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria levaron a cabo unha teatralización na biblioteca sobre os libros de lectura lidos durante este curso escolar 2023/2024.

Os libros foron: O Lobo Ramón de María Canosa en galego e Bruja y Familia de Paula Carballeira en castelán.





venres, 26 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO

 

Un libro sempre é unha porta aberta a diversión!

Esta semana celebramos o Día do Libro cos xa tradicionais apadriñamentos lectores.

Unha actividade sinxela que sempre resulta moi especial polos lazos que se establécense entre todos os nenos e nenas do cole, algo que ademais se consigue a través da lectura.

Pero...

Tivemos unha visita moi especial, Reyes Pérez e Sonia Ramallo, autora e ilustradora, respectivamente, de La Tía Papucha, que fixeron pasar un rato xenial aos rapaces e rapazas de primaria.

Presentaron o primeiro libro da saga e fixeron unha pequena teatralización do segundo, facendo que o alumnado estivese moi entretido.









martes, 2 de abril de 2024

RECUNCHOS DE LECTURA.

 

RECUNCHOS NA BIBLIOTECA

E como non podía faltar nesta fermosa biblioteca, temos dous recunhos moi destacados.

  • Recuncho con libros sobre os xogos olímpicos.
  • Recuncho con libros sobre as conmemoracións mensuais e novidades de libros que se están mercando grazas ao fondo PLAMBE.
Son os libros máis solicitados!




martes, 12 de marzo de 2024

BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DA CORUÑA

 

Colaboración coas Bibiliotecas Municipais da Coruña

Esta semana os rapaces de 2º e 3º de educación primaria visitaron a Biblioteca Municipal do Castrillón.

Alí faláronlles do cómic e dos libros informativos traballados con anterioridade na biblioteca do centro.

Finalmente, trouxemos os libros das biblioteca municipais para o noso colexio.






 



venres, 8 de marzo de 2024

8M E SEMANA DA PRENSA.

 

GALEGAS OLÍMPICAS

Polo 8M, Día Internacional da Muller, visitounos a deportista e profesora de educación física Vanesa Rial, que participou nas olimpiadas de Río de Janeiro 2016, na modalidade de Rugby.

Como a semana do 4 de marzo conmemórase a Semana da Prensa, elaborouse un mural creando noticias sobre deportistas galegas que participaron nos xogos olímpicos.



 





luns, 4 de marzo de 2024

KOHA

Xestión Informatizada da Biblioteca Escolar co Programa KOHA

A nosa biblioteca escolar estase actualizando ás últimas novidades, por iso este curso escolar 2023/24 o equipo biblioteca deberá catalogar todos os libros co novo programa informático para que posteriormente os voluntarios/as da biblioteca realicen as xestións de préstamos e devolucións de modo informatizado.

Bo traballo equipo!




 


venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO NO MURGUÍA

 

Entroido 2024

Como o PDI do centro educativo é O Murguía nas Olimpiadas! cada aula especializouse nun deporte olímpico. Ademais do disfrace elaboraron unha pancarta para o desfile e decoraron a porta da aula desta temática.

4º Educación Infantil: Rugby.

5º Educación Infantil: Halterofilia.

6º Educación Infantil: Baloncesto.

1º Educación Primaria: Tenis.

2º Educación Primaria: Judo.

3º Educación Primaria: Tiro con arco.

4º Educación Primaria: Natación.

5º Educación Primaria: Bádminton.

6º Educación Primaria: Remo.