luns, 27 de novembro de 2023

25-N.DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Para conmemorar este día, 25 N, proxectáronse na biblioteca do centro escolar varias curtametraxes que mostraban esta triste realidade dun xeito máis adaptado a idade do noso alumnado.

Rematamos cun debate por ciclos entre mestres/as e alumnado. 



 


xoves, 2 de novembro de 2023

SAMAÍN

 

SAMAÍN

Na semana do Samaín organizáronse en todos os recreos desta semana, as lecturas a escuras cunha lanterna. 

Co espacio acicalado e unha estantería chea de propostas de lectura axeitadas para a ocasión, a idea foi todo un éxtio, e a biblio estivo súper concorrida!

Ademais o alumnado de sexto de educación primaria contou aos seus compañeiros, no tempo do prxecto lector, historias relacionadas coa temática e os nenos/as desfrutaron moito!

  • 5º e 6º EP: O vampiro Ramiro.
  • 1º e 2º EP: Unha pantasma con asma.
  • 3º e 4º EP: Un conto cheo de lobos.
  • 5º e 6º EP: A estraña visita.




 


UN SAMAÍN MOI LECTOR !