Dende a Murguiteca queremos recomendarvos unhas lecturas para o Nadal.
Se cadra aínda estades a tempo de engadir algún libro ou xogo á carta para os Reis Magos! 👀
Dende a Murguiteca queremos recomendarvos unhas lecturas para o Nadal.
Se cadra aínda estades a tempo de engadir algún libro ou xogo á carta para os Reis Magos! 👀
Este Samaín na biblioteca fixemos unhas lecturas terroríficas nas que participaron voluntariamente os nenos de terceiro en adiante.
O luns: Martin R. e Carolina leron aos nenos e nenas de infantil.
O martes: Diego e Xavi e despois Mariña e Blanca.
O mércores: leron Maia e Lola e despois Martín e Antía, os catro leron aos nenos de 6º e 5º.
O xoves: leron Ana e Indira e despois Lois e Nico aos nenos de 3º e 4º.
Como tivo tanto éxito a volta da ponte continuamos coas lecturas.
O mércores: Pedro e Hugo de 4º e Sabela e Irene de 5º
O xoves: Marta e Noa G. de 6º e despois Aurora e Vera 4º
O venres: Dani e Álex de 6º e despois Icía e Candela de 5º
E ata aquí a nosa presentación sobre as lecturas terroríficas da semana de samaín. Infórmanvos os voluntarios de biblio Daniel e Noa V. de 6º
Murguiño foise do colexio, marchando cos nenos de 6º de primaria ; entón precisamos encontrar unha nova mascota. Para encontrala fixemos un concurso duns debuxos que fixeron os nenos de todo o colexio nas clases de Plástica. Os profes seleccionaron os 25 debuxos que máis axeitados lles pareceron e os nenos e profes votaron os 3 finalistas.
O luns vinte e catro de outubro, coíncidindo co día das bibliotecas, soubemos quen era o gañador.
Os finalistas son tres nenas de 6º de primaria, son Ana, Indira e Hadriana e os seus debuxos chámanse:
Murguirabbit, que é o gañador que fixo Ana, Sr. Zanahoria de Indira, que quedou segundo e Murguiatlas, feito por Hadriana, que quedou terceiro. O tedes colgado enriba do corcho onde se fixeron as votacións. Tedes algunhas fotos no Instagram aínda que aquí vos deixamos algunha.
Ata aquí vos informan as voluntarias de biblio Niza e Berta.
TERMINAMOS O NOSO PROXECTO COA CREACIÓN
DUN XOGO ENTRE TODOS,
QUE PRESENTAMOS E O QUE XOGAMOS
NA "MURGUIFEIRA" COAS FAMILIAS.
Na 5ª Misión Murguiño nos encomendaba a recollida de cantarelas e lerias de xogos, e a partir desta escolla tiñan que inventar algunha cantiga ou retahila para botar sortes.
Con todas as que creamos fixemos un libro que deixamos na biblioteca.
OS NEN@S EXPLICARON OS RESULTADOS DAS EQUISAS EN VÍDEO,
ESTE É O RESULTADO.
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
EXPLÍCANOLO ASÍ
E ASÍ O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
HAI UNS DÍAS OS ALUMNOS DE 1º E 2º DE E.P. DISFRUTARON DUN CONTACONTOS, CORTESÍA DA EDITORIAL ANAYA.
BENJAMÍN ERA UN GRAN DEBUXANTE.
DENDE A BIBLIOTECA ORGANIZOUSE A LECTURA DE
"UN CONTO CHEO DE LOBOS"
PARA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
DENTRO DO NOSO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO SOBRE "O XOGO",
CADA CLASE ELABOROU O SEU PROPIO DECÁLOGO DO BO XOGADOR,
INDICANDO QUE DEBEMOS FACER PARA XOGAR BEN E EN PAZ.
O PRÓXIMO 30 DE XANEIRO CONMEMÓRASE
O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA,
E MURGUIÑO APROVEITOU A OCASIÓN PARA ENVIARNOS A 3ª MISIÓN.
AQUÍ VOS DEIXO UN ADIANTO SOBRE A ANÁLISE QUE FIXEMOS DAS ENQUISAS NAS DIFERENTES AULAS.