xoves, 21 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS DENDE A BIBLIOTECA

 

 TRÍPTICO

E aquí están para despedir o ano 2023 as nosas recomendacións lectoras e tamén de xogos educativos.
Por un Nadal cheo de saúde, amor e libros...


 

mércores, 20 de decembro de 2023

OBRADOIRO DE NADAL

 

ESTE CURSO DENDE BIBLIOTECA CREATIVA

DECIDIMOS ENSINAR O FUNCIONAMENTO DOS BOLÍGRAFOS 3D,

COMEZAMOS FORMANDO AOS VOLUNTARIOS DE 6º DE E.P.,

 E LLES PROPUSEMOS FACER ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL. 

 





 

martes, 12 de decembro de 2023

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

E que facemos cos libros expurgados? 

Levamos varios cursos académicos facendo expurgo, polo que o equipo de biblioteca decidiu buscarlles unha nova vida.

Que vos parece o resultado?


 

mércores, 6 de decembro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O domingo pasado, 3 de decembro, conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

No noso centro, a través da Asociación Participa, tivemos a visita de dous traballadores do taller ocupacional de ADCOR o luns 4.

Explicáronos en que consite o seu traballo e como transcorre alí o seu día a día.

Ademais, tamén nos falaron un pouquiño de como facer murais con spray, pois en breve continuaremos traballando, coa súa colaboración, nun debuxo realizado nun dos muros no noso cole.

GRAZAS POR TODO!







 

martes, 5 de decembro de 2023

ONDE SE CELEBRARON AS ÚLTIMAS OLIMPIADAS?

 

Dende Barcelona ata París

Continuamos co noso PDI, cada grupo aula investigou onde se celebraron as olimpiadas dende Barcelona '92 ata as próximas París 2024. 

Unha vez investigado, celebramos un acto cos himnos nacionais e para que todo o alumnado as coñecese.

Rematamos engandindo todo ao noso gran mural da biblioteca adicado aos xogos olímpicos.

 





QUEDARON MOI CHULAS!

venres, 1 de decembro de 2023

BIBLIOPATIO

 

BIBLIOPATIO

Este curso escolar, coa axuda dos voluntarios/as de sexto de primaria, puxemos en marcha o noso bibliopatio, para gozar da lectura ao aire libre durante o tempo de recreo de educación primaria.

Pero botádelle unha ollada, porque hai moitos libros recén mercados grazas ao PLAMBE.