Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O domingo pasado, 3 de decembro, conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
No noso centro, a través da Asociación Participa, tivemos a visita de dous traballadores do taller ocupacional de ADCOR o luns 4.
Explicáronos en que consite o seu traballo e como transcorre alí o seu día a día.
Ademais, tamén nos falaron un pouquiño de como facer murais con spray, pois en breve continuaremos traballando, coa súa colaboración, nun debuxo realizado nun dos muros no noso cole.
GRAZAS POR TODO!