xoves, 21 de decembro de 2023
RECOMENDACIÓNS DENDE A BIBLIOTECA
mércores, 20 de decembro de 2023
OBRADOIRO DE NADAL
ESTE CURSO DENDE BIBLIOTECA CREATIVA
DECIDIMOS ENSINAR O FUNCIONAMENTO DOS BOLÍGRAFOS 3D,
COMEZAMOS FORMANDO AOS VOLUNTARIOS DE 6º DE E.P.,
E LLES PROPUSEMOS FACER ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL.
martes, 12 de decembro de 2023
A NOSA ÁRBORE DE NADAL
E que facemos cos libros expurgados?
Levamos varios cursos académicos facendo expurgo, polo que o equipo de biblioteca decidiu buscarlles unha nova vida.
Que vos parece o resultado?
mércores, 6 de decembro de 2023
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O domingo pasado, 3 de decembro, conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
No noso centro, a través da Asociación Participa, tivemos a visita de dous traballadores do taller ocupacional de ADCOR o luns 4.
Explicáronos en que consite o seu traballo e como transcorre alí o seu día a día.
Ademais, tamén nos falaron un pouquiño de como facer murais con spray, pois en breve continuaremos traballando, coa súa colaboración, nun debuxo realizado nun dos muros no noso cole.
GRAZAS POR TODO!
martes, 5 de decembro de 2023
ONDE SE CELEBRARON AS ÚLTIMAS OLIMPIADAS?
Dende Barcelona ata París
Continuamos co noso PDI, cada grupo aula investigou onde se celebraron as olimpiadas dende Barcelona '92 ata as próximas París 2024.
Unha vez investigado, celebramos un acto cos himnos nacionais e para que todo o alumnado as coñecese.
Rematamos engandindo todo ao noso gran mural da biblioteca adicado aos xogos olímpicos.
venres, 1 de decembro de 2023
BIBLIOPATIO
BIBLIOPATIO
Este curso escolar, coa axuda dos voluntarios/as de sexto de primaria, puxemos en marcha o noso bibliopatio, para gozar da lectura ao aire libre durante o tempo de recreo de educación primaria.
Pero botádelle unha ollada, porque hai moitos libros recén mercados grazas ao PLAMBE.
luns, 27 de novembro de 2023
25-N.DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Para conmemorar este día, 25 N, proxectáronse na biblioteca do centro escolar varias curtametraxes que mostraban esta triste realidade dun xeito máis adaptado a idade do noso alumnado.
Rematamos cun debate por ciclos entre mestres/as e alumnado.
xoves, 2 de novembro de 2023
SAMAÍN
SAMAÍN
Na semana do Samaín organizáronse en todos os recreos desta semana, as lecturas a escuras cunha lanterna.
Co espacio acicalado e unha estantería chea de propostas de lectura axeitadas para a ocasión, a idea foi todo un éxtio, e a biblio estivo súper concorrida!
Ademais o alumnado de sexto de educación primaria contou aos seus compañeiros, no tempo do prxecto lector, historias relacionadas coa temática e os nenos/as desfrutaron moito!
- 5º e 6º EP: O vampiro Ramiro.
- 1º e 2º EP: Unha pantasma con asma.
- 3º e 4º EP: Un conto cheo de lobos.
- 5º e 6º EP: A estraña visita.
UN SAMAÍN MOI LECTOR !
mércores, 25 de outubro de 2023
PRESENTACIÓN DO NOSO PDI: "O MURGUÍA NAS OLIMPIADAS!"
PDI O MURGUÍA NAS OLIMPIADAS!
O pasado martes 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, presentamos ao noso alumando o Proxecto Documental Integrado da biblioteca Rosalía de Castro neste curso escolar 2023/24: O Murguía nas Olimpiadas!
Todo o alumnado viu a proxección da inauguración das derradeiras Olimpiadas e cada grupo-clase amosou aos demais a elaboración dun elemento característico das olimpiadas, que formará parte do mural da biblioteca.
COMEZA UNHA NOVA AVENTURA !
MOCHILAS VIAXEIRAS
MOCHILAS VIAXEIRAS
Un ano máis as nosas Mochilas Viaxeiras comezaron a súa andaina polos fogares dos nosos nenos/as de educación infantil e primaria. E temos unha novidade, estreamos mochilas!
Esta viaxe comezou o 24 de outbro Día das Bibliotecas Escolares.
domingo, 25 de xuño de 2023
BIBLIOTECA CREATIVA´23
luns, 13 de marzo de 2023
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
A semana do 11 de febreiro no CEIP Plurilingüe Manuel Murguía os nenos e nenas de 6º E.P. contaron a vida dalgunhas científicas galegas:
-Luns:
Niza contoulles aos nenos e nenas de infantil a vida dunha farmacéutica chamada Manuela Barreiro Pico.
-Nico (que por mala sorte non pudo vir) e Álex explicáronlle aos nenos e nenas de 1º e 2º E.P. a vida dunha mestra chamada Ángela Ruiz Robles.
-Noa G. e Lía explicáronlle aos nenos e nenas de 1º e 2º E.P. a vida dunha oceanógrafa chamada Ángeles Alvariño.
-Mércores:
-Ana e Lola contáronlle aos nenos e nenas de 5º e 6º E.P. a historia da primeira xinecóloga galega chamada Olimpia Valencia.
-Gerard contoulle aos nenos e nenas de 5º e 6º E.P. a biografía dunha mestra e divulgadora científica chamada Celia Brañas.
-Xoves:
-Noa V.( que por mala sorte non pudo vir) e Marta contáronlle aos nenos e nenas de 3º e 4º E.P. a historia das primeiras mulleres licenciadas en medicina na USC que eran dúas irmás chamadas Jimena e Elisa Fernández de la Vega.
-Hadriana e Laia explicáronlle aos nenos e nenas de 3º e 4º E.P. a vida da primeira programadora galega chamada Ana María Prieto López.