O papá de Noa falounos de todo o que avanzou a tecnoloxía e de que non esquezamos as nosas raices. Agasallounos con libretas para que anotásemos todo o que nos contasen os/as nosos/as avós/oas.
A mamá de Brais leunos un conto e fíxonos imitar aos animais da granxa. Ao final tamén nos cantou unha canción.
O papá de Uxío e Nuno contou o conto do "Carballo con botas" e ata trouxo dous carballos con botas e todo.