martes, 16 de diciembre de 2014

jueves, 4 de diciembre de 2014

A árbore de Murguía

Como todos/as sabedes a nosa biblioteca chámase: 


"A árbore de Murguía"





Dende fai uns días creceu unha árbore na entrada da biblioteca. É unha árbore máxica que ten as súas raíces baixo terra, afundidas na antiga biblioteca situada baixo o colexio. 

Algúns días recolle un libro da antiga biblioteca do soto e deíxanolo para que o leamos.

Os/as mestres/as din que pronto nos traerá outras sorpresas...




Exposición temáticas dos fondos da Biblioteca

Ao longo do curso temos proxectado facer diferentes exposicións dos fondos bibliográficos da nosa biblioteca de centro.

A idea é dalos a coñecer por temáticas e que sexan traballados nos diferentes niveis.

De momento fixemos unha exposición de Magosto/Outono/Samaín














E na actualidade temos a de Nadal / Inverno.