xoves, 4 de decembro de 2014

A árbore de Murguía

Como todos/as sabedes a nosa biblioteca chámase: 


"A árbore de Murguía"





Dende fai uns días creceu unha árbore na entrada da biblioteca. É unha árbore máxica que ten as súas raíces baixo terra, afundidas na antiga biblioteca situada baixo o colexio. 

Algúns días recolle un libro da antiga biblioteca do soto e deíxanolo para que o leamos.

Os/as mestres/as din que pronto nos traerá outras sorpresas...