Cada 2 de abril, dende 1967, a Organización
Internacional para el libro juvenil (IBBY) celebra o Día Internacional do Libro
Infantil e Xuvenil. A data coincide co día do nacemento do escritor danés Hans
Christian Andersen, autor de contos como El soldatito de plomo ou El
patito feo. Esta celebración busca fomentar a lectura entre os máis pequenos e
promocionar os bos libros infantís e xuvenís.
Para celebrar o Día Internacional do Libro, ofrecemos tres
actividades:
Un book trailer é un vídeo con música, imaxes, texto co
obxectivo de animar á súa lectura. Pinchade no enlace e veredes unha selección
de booktrailers da editorial Kalandraka.
A narración oral é fundamental para fomentar a lectura. A
través a voz damos vida á palabra escrita. Ademáis, os contos permiten
"ler" en familia. Pinchade no enlace para escoitar os contos.
Propoñémosvos participar dende a casa no concurso “Un poema
na túa voz” . Pincha no enlace para ver toda a información.
Animádevos!!!