venres, 21 de novembro de 2025

1º, 2º e 3º celebran o Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller

O próximo 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Para conmemorar a festividade varios alumnos de 4º de primaria leron o conto Nin un biquiño á forza ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria. 

A próxima semana leránse contos a 4, 5º e 6º de primaria.





mércores, 19 de novembro de 2025

Celebración Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

 O próximo 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Para conmemorar a festividade varios alumnos de 4º de primaria leron o conto Nin un biquiño á forza ao alumnado de educación infantil. Nos vindeiros días tamén leran contos ao alumnado de educación primaria.







luns, 17 de novembro de 2025

5º conta moito

 As alumnas de quinto de primaria Ilduara e Jade leron un conto aos nenos de 3 anos no marco da actividade 4º/5º/6º conta moito, como cada luns á hora de lectura entre as 12:00 e as 12:20.





luns, 10 de novembro de 2025

Quinto conta moito

 Mikel e Diego, alumnos de 5º de primaria, dramatizaron hoxe "O monstro rosa" e "Chibos chibóns" aos nenos de 5º de educación infantil, que estiveron moi atentos e calados escoitándoos e disfrutando da súa paixón pola lectura.





xoves, 6 de novembro de 2025

Contacontos para 1º e 2º de primaria

 Hoxe Adelaida e Ana Miranda, escritora e ilustradora do conto "La gallina gallineta", deleitaron aos alumnos de 1º e 2º de primaria cunha dramatización do mesmo. Os nenos escoitaron atentamente o conto.






Novidades de novembro

 Na entrada do colexio temos as novidades de novembro. Todas elas están relacionadas coa estación do outono. 




luns, 3 de novembro de 2025

Concurso de debuxos de Samaín e contos de medo

 106 alumnos, 62 de primaria e 44 de infantil participaron no concurso de debuxos de Samaín e contos de medo promovido desde a biblioteca escolar.

Os máis creativos levaron un premio consistente en rotuladores e gomas que poden usar como material escolar. Os titores de todos os cursos implicáronse nesta actividade co fin de que todo o alumnado participase.