mércores, 25 de outubro de 2023

PRESENTACIÓN DO NOSO PDI: "O MURGUÍA NAS OLIMPIADAS!"

PDI O MURGUÍA NAS OLIMPIADAS! 

O pasado martes 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, presentamos ao noso alumando o Proxecto Documental Integrado da biblioteca Rosalía de Castro neste curso escolar 2023/24: O Murguía nas Olimpiadas!

Todo o alumnado viu a proxección da inauguración das derradeiras Olimpiadas e cada grupo-clase amosou aos demais a elaboración dun elemento característico das olimpiadas, que formará parte do mural da biblioteca.













 

COMEZA UNHA NOVA AVENTURA !


MOCHILAS VIAXEIRAS

  

 MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis as nosas Mochilas Viaxeiras comezaron a súa andaina polos fogares dos nosos nenos/as de educación infantil e primaria. E temos unha novidade, estreamos mochilas!

Esta viaxe comezou o 24 de outbro Día das Bibliotecas Escolares.