venres, 30 de outubro de 2026

Concurso de debuxos de Samaín e lendas de medo

  101 alumnos, 58 de primaria e 43 de infantil participaron no concurso de debuxos de Samaín e contos de medo promovido desde a biblioteca escolar.

Os máis creativos levaron un premio consistente en rotuladores e gomas que poden usar como material escolars e unha axenda. Os titores de todos os cursos implicáronse nesta actividade co fin de que todo o alumnado participase.


















luns, 26 de outubro de 2026

5º/6º conta moito!

Dúas alumnas de 6º de primaria, Camila e Kristine, pasaron hoxe pola aula de 5º de educación infantil durante a hora de lectura para ler un conto aos nenos, que estiveron moi atentos, dentro da actividade 5º/6º conta moito!





sábado, 24 de outubro de 2026

Manualidades os venres

Outro venres máis fixéronse manualidades na biblioteca. Esta vez tocou facer corazóns.







Celebración Día da Biblioteca 2026, Samaín e Xacobeo

 Para celebrar o día da Biblioteca 2026, que rinde homenaxe á destrución da biblioteca de Saraxevo en 1992, durante a guerra dos Balcáns, o alumnado de sexto de primaria fixo un xogo previo con preguntas relacionadas co Xacobeo, a nosa PDI deste ano, leu lendas de medo e contos relacionados co Xacobeo durante a hora de lectura en todas as aulas do colexio. Aos nenos encantoulle a actividade!!







martes, 20 de outubro de 2026

Novidades editoriais de Outono e Samaín

 Para celebrar o outono e o Samaín estas son as novidades expostas na entrada do colexio, co fin de que podan ser usadas na hora de lectura de educación infantil e primaria.



luns, 19 de outubro de 2026

5º/6º conta moito

 Hoxe inauguramos a lectura de contos en educación infantil coas alumnas de 6º de educación primaria Inés e Lucía, que interpretaron Rosa Caramelo.

Os nenos disfrutaron da súa dramatización na hora de lectura.









domingo, 11 de outubro de 2026

¡Artistas no recreo! A biblioteca énchese de cor

O noso alumnado non para de sorprendernos! Durante o recreo do venres, a biblioteca escolar transformouse nun auténtico taller de artistas. Entre libro e libro, moitos nenos e nenas decidiron coller os lapis de cores, as ceras e os rotuladores para dar renda solta á súa imaxinación.
O resultado foi espectacular: en poucos días enchemos as mesas de debuxos cheos de vida, personaxes fantásticos e moita cor. Dá gusto ver como a biblioteca se converte nun espazo non só de lectura, senón tamén de creación, onde compartir ideas e pasar un intre de lecer diferente e moi divertido.






venres, 2 de outubro de 2026

Hoxe tocou facer detalliños para regalar no colexio

 Durante o recreo o alumnado fixo detalliños na biblioteca para regalar no colexio:






 






Apertura da biblioteca escolar no curso 2026/27

 


Onte abriuse a biblioteca escolar, e ademais repartíronse as mochilas viaxeiras.


Ao igual que o ano anterior os nenos levarán ao longo do curso escolar:

-Un libro en castelán.

-Un libro en galego.

-Un libro en inglés.

-Un libro para que lean os pais con temas educativos.



mércores, 10 de xuño de 2026

Entrega diplomas colaboradores biblioteca escolar

 Todos os alumnos de 6º de educación primaria coloboraron na biblioteca escolar ao longo do curso escolar facendo tarefas no horario de recreo. 

Como agradecemento entregóuselles un diploma acreditativo de ser colaboradores da mesma.







venres, 22 de maio de 2026

Radio na escola!

Xa temos aquí o primeiro programa de radio deste curso, realizado grazas á colaboración da profesora Lía, do Departamento de Normalización Lingüística do colexio, do profesor Gonzalo, coordinador do programa, e á Consellería de Educación a través do programa Radio na Escola.

Antes da gravación, o alumnado de 4º e 5º de primaria participou nunha formación para aprender como se prepara, grava e emite un programa de radio.

Presentamos así o magacín “O entorno do Murguía”, de Radio Feáns.

Este programa foi elaborado polo alumnado de 4º e 5º de Primaria: Martín, Aldara, Álex, Lía, Ismael, Leire, Mariano, Camila, Matías, Inés, Naiara, Manu, Yehiko, Nicolás, Claudia, Daniela, Yaider, Brais, Martín, Hugo, Javi, Abel, Cata, Camila, Ilduara, Xairo, Jacob, Ariana, Jade, Lucía, Inés, Yordi, Mikel, Santiago, Cristina, Yoel, Diego e Izán.

Programa de radio 1


Ademais, tamén presentamos o segundo programa de radio: un especial dedicado ás Letras Galegas, no que lembramos a figura de Begoña Caamaño. Nel participa o mesmo alumnado, compartindo e comentando diferentes aspectos da súa vida e da súa obra.

Letras galegas parte 1

Letras galegas parte 2 


mércores, 29 de abril de 2026

Vídeo sobre o Apadriñamento lector no Día do Libro

 O profesor Gonzalo preparou este fantástico vídeo sobre o Día do Libro onde os nenos de 4º, 5º e 6º de primaria leron libros ao resto de cursos.



Apadriñamento lector

luns, 27 de abril de 2026

Conto adaptado "A miña irmá Aixa" feito polo alumnado de 5º e 6º de relixión

 O alumnado de quinto e sexto de primaria adaptou o conto "A miña irmá Aixa" para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.


Aqui tedes o enlace da animación en Canva:

Enlace en Canva (clic nel)



xoves, 23 de abril de 2026

Apadriñamento lector no Día do Libro

 O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria leu contos ao resto do colexio en galego hoxe xoves 23 de abril para celebrar a semana do libro. Pasárono xenial e disfrutaron dun día soleado de primavera.











 




luns, 13 de abril de 2026

6º conta moito

 As alumnas de 6º de primaria María Alvarez e María Vazquez dramatizaron o conto Una casa a la medida ao alumnado de 5º de educación infantil nunha xornada máis da actividade semanal 4º/5º/6º conta moito. Os nenos desfrutaron coa lectura!









mércores, 8 de abril de 2026

Actividades de fomento da lectura con futuros mestres da UDC

 Os entusiastas e futuros mestres Unai, Manuel, Lucía, Marta e Tatiana foron á aula de 3º de educación primaria a interpretar e dramatizar contos aos nenos, que estiveron moi atentos escoitándoos. 

Desde a biblioteca escolar agradecemos esta colaboración desinteresada por parte destes futuros mestres!








mércores, 11 de marzo de 2026

4º conta moito

 As alumnas de 4º de primaria Inés e Naiara interpretaron o conto Mariseldiña aos nenos de 5º de educación infantil, que estiveron moi atentos escoitándoas.



 








luns, 2 de marzo de 2026

5º conta moito

 Os alumnos de quinto de primaria Izan e Abel interpretaron o conto Las cinco cerditas y la loba aos nenos de 3 anos do colexio, os cales desfrutaron moito estando moi atentos, nun luns máis dentro da actividade 4º/5º/6º conta moito!