venres, 22 de maio de 2026

Radio na escola!

Xa temos aquí o primeiro programa de radio deste curso, realizado grazas á colaboración da profesora Lía, do Departamento de Normalización Lingüística do colexio, do profesor Gonzalo, coordinador do programa, e á Consellería de Educación a través do programa Radio na Escola.

Antes da gravación, o alumnado de 4º e 5º de primaria participou nunha formación para aprender como se prepara, grava e emite un programa de radio.

Presentamos así o magacín “O entorno do Murguía”, de Radio Feáns.

Este programa foi elaborado polo alumnado de 4º e 5º de Primaria: Martín, Aldara, Álex, Lía, Ismael, Leire, Mariano, Camila, Matías, Inés, Naiara, Manu, Yehiko, Nicolás, Claudia, Daniela, Yaider, Brais, Martín, Hugo, Javi, Abel, Cata, Camila, Ilduara, Xairo, Jacob, Ariana, Jade, Lucía, Inés, Yordi, Mikel, Santiago, Cristina, Yoel, Diego e Izán.

Programa de radio 1


Ademais, tamén presentamos o segundo programa de radio: un especial dedicado ás Letras Galegas, no que lembramos a figura de Begoña Caamaño. Nel participa o mesmo alumnado, compartindo e comentando diferentes aspectos da súa vida e da súa obra.

Letras galegas parte 1

Letras galegas parte 2