xoves, 27 de outubro de 2022

NOVA MASCOTA DA BIBLIO

Murguiño foise do colexio, marchando cos nenos de 6º de primaria ; entón precisamos encontrar unha  nova mascota. Para encontrala fixemos un concurso duns debuxos que fixeron os nenos de todo o colexio nas clases de Plástica. Os profes seleccionaron os 25 debuxos que máis axeitados lles pareceron e os nenos e profes votaron os 3 finalistas.

O luns vinte e catro de outubro, coíncidindo co día das bibliotecas, soubemos quen era o gañador.

Os finalistas son tres nenas de 6º de primaria, son Ana, Indira e Hadriana e os seus debuxos chámanse:

Murguirabbit, que é o gañador que fixo Ana, Sr. Zanahoria de Indira, que quedou segundo e Murguiatlas, feito por Hadriana, que quedou terceiro. O tedes colgado enriba do corcho onde se fixeron as votacións. Tedes algunhas fotos no Instagram aínda que aquí vos deixamos algunha.

Ata aquí vos informan as voluntarias de biblio Niza e Berta.