O profesor Gonzalo preparou este fantástico vídeo sobre o Día do Libro onde os nenos de 4º, 5º e 6º de primaria leron libros ao resto de cursos.
mércores, 29 de abril de 2026
luns, 27 de abril de 2026
Conto adaptado "A miña irmá Aixa" feito polo alumnado de 5º e 6º de relixión
O alumnado de quinto e sexto de primaria adaptou o conto "A miña irmá Aixa" para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Aqui tedes o enlace da animación en Canva:
xoves, 23 de abril de 2026
Apadriñamento lector no Día do Libro
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria leu contos ao resto do colexio en galego hoxe xoves 23 de abril para celebrar a semana do libro. Pasárono xenial e disfrutaron dun día soleado de primavera.
luns, 13 de abril de 2026
6º conta moito
As alumnas de 6º de primaria María Alvarez e María Vazquez dramatizaron o conto Una casa a la medida ao alumnado de 5º de educación infantil nunha xornada máis da actividade semanal 4º/5º/6º conta moito. Os nenos desfrutaron coa lectura!
mércores, 8 de abril de 2026
Actividades de fomento da lectura con futuros mestres da UDC
Os entusiastas e futuros mestres Unai, Manuel, Lucía, Marta e Tatiana foron á aula de 3º de educación primaria a interpretar e dramatizar contos aos nenos, que estiveron moi atentos escoitándoos.
Desde a biblioteca escolar agradecemos esta colaboración desinteresada por parte destes futuros mestres!














