Desde o equipo de biblioteca escolar desexamos un Bo Nadal e un feliz aninovo.
Facemos estas recomendacións de lectura para todos os niveis educativos.
Desde o equipo de biblioteca escolar desexamos un Bo Nadal e un feliz aninovo.
Facemos estas recomendacións de lectura para todos os niveis educativos.
As alumnas de 4º de primaria Leire e Daniela interpretaron os contos Becho pelota e Mueve y mira en el jardín aos nenos de 4º de infantil un luns máis, na actividade 4º/5º/6º Conta moito.
Os nenos disfrutaron durante a hora da merenda!
Desde hoxe ata o próximo xoves desenvólvese o obradoiro de marca-páxinas de Nadal durante os recreos.
Hoxe, os nenos de 1º de Primaria disfrutaron do Obradoiro na biblioteca do centro, creando os seus marca-páxinas con motivos de Nadal. Tamén hai música de Nadal na biblioteca estes días. Pasárono xenial!
Os alumnos de 6º de primaria Carlos e Rocco leron Eu non fun! ao alumnado de 5º de educación infantil, dentro da actividade 4º/5º/6º conta moito.
Os nenos disfrutaron da lectura do conto aténtamente.
O próximo 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Para conmemorar a festividade varios alumnos de 4º de primaria leron o conto Nin un biquiño á forza ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria.
A próxima semana leránse contos a 4, 5º e 6º de primaria.
O próximo 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Para conmemorar a festividade varios alumnos de 4º de primaria leron o conto Nin un biquiño á forza ao alumnado de educación infantil. Nos vindeiros días tamén leran contos ao alumnado de educación primaria.
As alumnas de quinto de primaria Ilduara e Jade leron un conto aos nenos de 3 anos no marco da actividade 4º/5º/6º conta moito, como cada luns á hora de lectura entre as 12:00 e as 12:20.
Mikel e Diego, alumnos de 5º de primaria, dramatizaron hoxe "O monstro rosa" e "Chibos chibóns" aos nenos de 5º de educación infantil, que estiveron moi atentos e calados escoitándoos e disfrutando da súa paixón pola lectura.
Hoxe Adelaida e Ana Miranda, escritora e ilustradora do conto "La gallina gallineta", deleitaron aos alumnos de 1º e 2º de primaria cunha dramatización do mesmo. Os nenos escoitaron atentamente o conto.
Na entrada do colexio temos as novidades de novembro. Todas elas están relacionadas coa estación do outono.
106 alumnos, 62 de primaria e 44 de infantil participaron no concurso de debuxos de Samaín e contos de medo promovido desde a biblioteca escolar.
Os máis creativos levaron un premio consistente en rotuladores e gomas que poden usar como material escolar. Os titores de todos os cursos implicáronse nesta actividade co fin de que todo o alumnado participase.
O equipo de dinamización lingüística preparou unha lectura de contos de medo na biblioteca para esta semana de Samaín. Previamente houbo unha ambientación da mesma con motivos relacionados coa festividade.
Hoxe 3 alumnos de quinto de primaria leron O grúfalo ao alumnado de 1º e 2º de primaria, que estivo moi atento ao conto.
María Álvarez e María Vázquez leron aos alumnos de 5º de educación infantil o conto Buenas noches, ñac, ñac. Os nenos disfrutaron da súa presencia e teatralidade estando moi atentos a todo o que dicían. Disfrutaron moito do momento!
No exterior da biblioteca escolar, e en relación coa PDI deste ano, titulada "O mundo mariño", o alumnado de primaria do colexio fixo debuxos relacionados co mar. Ademais, hai libros relacionados con este mundo que calquera dos nenos ou profesores poden disfrutalos!
Como este ano a PDI está titulada "O mundo mariño" desde a biblioteca fixemos unha escolma de libros, os cales están relacionados coa temática do mar. O alumnado pode lelos en calquera momento. Quedan expostos co fin de ser usados pegados á biblioteca nunha mesa.
Para inaugurar o curso na biblioteca escolar, durante este mes preséntanse as novidades editoriais deste ano que os nenos poden ler. Están na entrada do colexio. Calquera pode lelos previo paso pola biblioteca escolar!
Como este ano volve a haber hora de lectura, todos os luns haberá alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria que lerán e interpreterán contos ao alumnado máis xoven do colexio.
Carolina e Mara, alumnas de 6º de primaria, leron El lobo que celebraba su cumpleaños aos nenos de 6º de educación infantil, que estiveron moi atentos e disfrutaron da súa presencia.
Hoxe estivo de contacontos Inma Soto na biblioteca escolar.
Interpretou para educación infantil e para o primeiro ciclo de primaria (1º e 2º) o conto Xela, aventura na fraga.
Os nenos disfrutaron moito!
Onte abriuse a biblioteca escolar, e ademais repartíronse as mochilas viaxeiras.
Ao igual que o ano anterior os nenos levarán ao longo do curso escolar:
-Un libro en castelán.
-Un libro en galego.
-Un libro en inglés.
-Un libro para que lean os pais.
Todo o alumnado de 6º de educación primaria coloborou ao longo do curso escolar facendo tarefas no horario de recreo.
Como agradecemento entregóuselles un diploma acreditativo de ser colaboradores da biblioteca escolar.
Xa temos na entrada do colexio os libros con temática das Letras Galegas deste ano para que todo o queira os lea.