martes, 28 de outubro de 2025

Samaín no Murguía

 O equipo de dinamización lingüística preparou unha lectura de contos de medo na biblioteca para esta semana de Samaín. Previamente houbo unha ambientación da mesma con motivos relacionados coa festividade.

Hoxe 3 alumnos de quinto de primaria leron O grúfalo ao alumnado de 1º e 2º de primaria, que estivo moi atento ao conto.





5º conta moito

Lucía e Diego, alumnos de 5º de primaria, leron hoxe con moito gusto A casa da mosca chosca e Ernesto, bo día, aos alumnos de 6º de educación infantil, dentro da actividade 4º/5º/6º conta moito.

Os nenos de infantil permaneceron moi atentos escoitándoos, e encantoulles.







domingo, 19 de outubro de 2025

Bibliopolos creativos

Comezamos cos obradoiros de Bibliopolos Creativos!

O pasado venres demos comezo a iniciativa Bibliopolos Creativos. Trátase dunha proposta de ocio alternativo durante os recreos dos venres, na que o alumnado pode explorar, xogar e aprender a través de materiais diversos.

Neste primeiro obradoiro traballamos coa construción de estruturas usando pezas de Kapla, un xogo de madeira natural que permite crear figuras arquitectónicas sen necesidade de enganches nin suxecións. 
A través do xogo con Kapla, o alumnado desenvolve competencias como o pensamento lóxico e espacial, ao ter que planificar as súas construcións e entender como equilibrar as pezas; psicomotricidade fina, mediante a manipulación coidadosa das pezas; creatividade e expresión artística, ao dar forma libre ás súas ideas, colaboración e traballo en equipo, compartindo espazo e recursos, planificando xuntos e respectando os deseños dos demais; resolución de problemas, ao atopar solucións ante estruturas que non se sosteñen ou que necesitan axustes.

Estes obradoiros buscan converter os tempos de lecer en oportunidades de aprendizaxe activa, ao tempo que fomentan un ambiente relaxado, inclusivo e divertido.
























luns, 13 de outubro de 2025

6º conta moito

 María Álvarez e María Vázquez leron aos alumnos de 5º de educación infantil o conto Buenas noches, ñac, ñac. Os nenos disfrutaron da súa presencia e teatralidade estando moi atentos a todo o que dicían. Disfrutaron moito do momento!







venres, 10 de outubro de 2025

Decoración PDI O mundo mariño

 No exterior da biblioteca escolar, e en relación coa PDI deste ano, titulada "O mundo mariño", o alumnado de primaria do colexio fixo debuxos relacionados co mar. Ademais, hai libros relacionados con este mundo que calquera dos nenos ou profesores poden disfrutalos!



mércores, 8 de outubro de 2025

PDI "O mundo mariño"

 Como este ano a PDI está titulada "O mundo mariño" desde a biblioteca fixemos unha escolma de libros, os cales están relacionados coa temática do mar. O alumnado pode lelos en calquera momento. Quedan expostos co fin de ser usados pegados á biblioteca nunha mesa.



luns, 6 de outubro de 2025

Novidades editoriais

 Para inaugurar o curso na biblioteca escolar, durante este mes preséntanse as novidades editoriais deste ano que os nenos poden ler. Están na entrada do colexio. Calquera pode lelos previo paso pola biblioteca escolar!



4º/5º/6º Conta moito

 Como este ano volve a haber hora de lectura, todos os luns haberá alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria que lerán e interpreterán contos ao alumnado máis xoven do colexio.

Carolina e Mara, alumnas de 6º de primaria, leron El lobo que celebraba su cumpleaños aos nenos de 6º de educación infantil, que estiveron moi atentos e disfrutaron da súa presencia. 





xoves, 2 de outubro de 2025

Contacontos Inma Soto

 Hoxe estivo de contacontos Inma Soto na biblioteca escolar. 

Interpretou para educación infantil e para o primeiro ciclo de primaria (1º e 2º) o conto Xela, aventura na fraga.

Os nenos disfrutaron moito!







Apertura da biblioteca escolar e reparto de mochilas viaxeiras



Onte abriuse a biblioteca escolar, e ademais repartíronse as mochilas viaxeiras.


Ao igual que o ano anterior os nenos levarán ao longo do curso escolar:

-Un libro en castelán.

-Un libro en galego.

-Un libro en inglés.

-Un libro para que lean os pais.